Imos presentarnos…

A Casa do Matadoiro é un espazo cedido polo Concello de Compostela e xestionado polas persoas e colectivos que habitamos nel.

Nel pódese dispor de diferentes espazos para realizar multitude de actividades diversas.

Nesta web atoparedes a Axenda de actividades xa programadas na casa e ás que podedes asistir de xeito totalmente GRATUÍTO.

Se vos interesa programar unha actividade podedes ver as salas das que dispón a Casa no Mapa de espazos e facer as vosas propostas ou consultas na lapela Contacta.

O espazo está aberto sempre en horario de actividades, así que se non o coñecedes podedes vir a visitarnos, esta é a nosa ubicación …a que estades agardando?